Calzados Meire

Son José Ramón Conde, zapateiro artesán de Meire (Allariz). Cunha tradición artesanal que me legaron meu pai e meu avó, elaboro desde hai máis de 30 anos botas e zapatos en pel e vacún, especialmente pensados para o traballo no campo e a caza, pero tamén zapatos con estilo para quen busca calidade, comodidade e tradición.

Quen somos - Calzados Meire

Que facemos

Fabricamos diferentes modelos de calzado, tanto para o día a día como, sobre todo, para usos específicos como o traballo no campo ou a caza.

Todos os nosos modelos están fabricados con materiais resistentes e duradeiros de primeira calidade e con piso de caucho reciclado 100% natural, empalmillado e cosido.

Tradición y calidad

En Calzados Meire traballamos coa mesma dedicación e bo facer dos artesáns de outrora.
Utilizamos os mellores materiais curtidos mediante un laborioso proceso realizado por mans expertas, con peles de vacún de orixe 100% nacional.

Os nosos produtos están feitos a man en Galicia, no noso taller artesán situado na aldea de Meire, pertencente ao concello de Allariz, unha vila ourensá moi vinculada no pasado á artesanía do calzado e a industria dos curtidos en xeral.
De feito, a vila de Allariz foi outrora centro neurálxico do sector da elaboración de peles en antigas fábricas situadas nas beiras do río Arnoia, hoxe restauradas con acerto e dedicadas a museos ou exposicións de coiro, así como a locais de restauración que fan as delicias dos numerosos turistas que cada ano a visitan.

Preguntas? Envía por whatsapp!
Aceptar Política de Datos para iniciar chat.